Como será a reprodución humana no futuro?
Como será a reprodución humana no futuro ? Parece ser que o que sucedía en Un mundo feliz (1932), novela de Aldous Huxley, onde na reprodución non había sexo e os nenos eran concebidos e xestados en úteros artificiais, xa non é simple ficción senón unha realidade. A e ctoxénese que é o crecemento dun organismo nun entorno artificial , fóra do corpo que bioloxicamente lle corresponde , é a posible solución para os nenos prematuros e para as mulleres que non terán que pasar nove meses de embarazo con todos os riscos que este conleva. O experimento xa conseguiu xestar uns fetos de cordeiro dentro dun útero artificial durante un periodo de 4 semanas polo que visto o seu éxito, por que non aplicalo para concebir seres humanos? Os úteros artificiais tamén poderían empregarse como técnica de reprodución asistida ainda que o principal obstáculo son as leis actuais xa que a investigación con embrións humanos de...