Como será a reprodución humana no futuro?



Como será a reprodución humana no futuro?

 

Parece ser que  o que sucedía  en  Un mundo feliz  (1932), novela de Aldous Huxley, onde na reprodución non había sexo e os nenos eran concebidos e xestados en  úteros artificiais, xa non é  simple ficción senón unha realidade. A ectoxénese que  é o crecemento dun organismo nun entorno artificial , fóra do corpo que bioloxicamente lle corresponde , é a posible solución para os nenos prematuros e para as mulleres que non terán que pasar nove meses de embarazo con todos os riscos que este conleva. O experimento xa conseguiu  xestar uns fetos de cordeiro dentro dun útero artificial durante un periodo de 4 semanas polo que visto o seu éxito, por que non aplicalo para concebir seres humanos? Os úteros artificiais tamén poderían empregarse como técnica de reprodución asistida ainda que  o principal obstáculo son as leis actuais xa que a investigación con embrións humanos de máis de 14 semanas está prohibida. Pero as vantaxas  serían moitas: as mulleres non terían que estar  9 meses preocupadas por se toman medicamentos ou contraen unha enfermidade que poida danar o feto, tampouco terían que pasar polo trama de abortar, ademais o feto estaría  sempre monotorizado polo que estaria máis seguro ca nunca. A iso podemos sumar que os homes poderian beneficiarse desta técnica porque ata o de agora  necesitan un ventre materno e en España non existen os ventres de aluguer que son ilegais asi que o útero artificial sería unha solución ao seu problema. Os avances médicos son espectaculares, en España  Carlos Simón, director científico de Igenomix, acaba de crear espermatozoides humanos fértiles a partir de células madre da propia pel do varón. Se temos en conta que un 15% das parellas de todo o mundo non poden ter fillos e teñen que recorrer á donación de esperma e óvulos, esta técnica  faría que todo o mundo puidese ter fillos cos seus xenes solucionando este grave problema. É a embrioxénese
Concluíndo; o futuro da maternidade parece de ciencia ficción: sen sexo, sen óvulos, sen espermatozoides  é posible ter fillos ? a ectoxénese e a embrioxénese  lémbranos que ás veces a realidade supera á ficción.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Os xenes pode determinar a hora da morte

Un test diagnostica en dous minutos a arritmia cardíaca máis frecuente

Unha técnica pioneira corrixe a desviación de columna actuando dende o tórax