Un test diagnostica en dous minutos a arritmia cardíaca máis frecuente
O prototipo galego impúxose nun reto a os da universidades de Oxford ou Stanford
Apretar un dispositivo máis pequeno ca unha tarxeta de crédito de forma simultánea cos dedos índice e corazón durante pouco menos dun minuto. Despóis os datos transmítense a un ordenador que os procesa e ofrece un resultado en pouco máis de dous minutos.Esta acción tan simple pode salvar moitas vidas e aforrar millóns de euros ó sistema público de sáude. Este sistema é o máis rápido para un diagnóstico da fibrilación auricular, a arritmia cardíaca máis frecuente que afecta a unha de cada seis persoas maiores e que se non se detecta a tempo pode derivar en cousas peores.O prototipo xa existe e foi desenvolto por científicos polo Centro Singular de Investigación de Tecnoloxías da Información da Universidade de Santiago. O obxetivo era obter unha proba de baixo coste que permitira identificar de forma sinxela a anatomía cardíaca coa axuda de pequenos dispositivos de tamaño inferior a unha tarxeta de crédito. O gañador foi o equipo galego,que se impuxo a 75 empresas e universidades de todo o mundo.
Comentarios
Publicar un comentario