Evatar, un aparello de reproducción femenino artificial capaz de reproducir o ciclo menstrual
Un
equipo de científicos americanos acaba de desenvolver un aparato de reprodución
feminino artificial capaz de reproducir o ciclo menstrual de 28 días e liberar,
ao final, un óvulo..Chámase Evatar. Este dispositivo é unha
representación 3D en miniatura do aparato de reprodución da muller, cos seus
ovarios, trompa de falopio, útero ,
vaxina e cérviz.Tamén ten un fígado, órgano necesario para metabolizar algunhas
das sustancias empregadas.
Ten
como función principal estudar os fármacos e a bioloxía básica da reprodución
feminina para tratar de comprender mellor enfermidades como a endometriose, os
fibromas, o cancro ou a infertilidade.
Nas
investigacións preclínicas que se levaron a cabo ata o momento, empregábanse
normalmente animais machos e as súas células polo que isto dá lugar a unha
enorme falta de información sobre a saúde das mulleres e a fisioloxía feminina.
Ademais
as probas realizadas poden ser eficaces cos animais pero non tanto cos seres
humannos ou ter efectos secundarios. Para resolver este problema creouse o
programa “Tissue Chip for Drug Screening,
que financia o desenvolvemento de plataformas en 3D con células e tecidos
humanos vivos, máis coñecidos como “órganos nun chip”.
Evatar é o resultado dun destes proxectos financiados con este
programa que deu lugar anteriormente a outros órganos artificiais como pulmóns
ou un fígado. Con eles espérase resolver o problema plantexado anteriormente, o
que supón unha alternativa científicamente válida para predicir a eficacia e
seguridade dos tratamentos dende as primeiras fases da investigación.
No caso de Evatar, o
obxectivo final no futuro é poder utilizar células madre dunha paciente
individual para crear un modelo personalizado do seu sistema reprodutivo.
Os
investigadores deron a coñecer o seu traballo en Nature Communications, co título“A microfluidic culture
model of the human reproductive tract and 28-day menstrual cycle.
Resulta moi interesante a temática blogue: apuntar as novidades da medicina en clave asistencia social. Tamén está ben coidado o deseño e a presentación das entradas; pero é unha mágoa que non lle deas máis desenvolvemento tanto en número de entradas como en ornamento das mesmas: vídeos, hipervínculos, impresións persoais,... Seguro que podes melloralo. Ánimo, Xiana!!
ResponderEliminar