Tres mil pacientes crónicos serán controlados na casa por teleasistencia

Tres mil pacientes crónicos serán controlados na casa por teleasistencia

O HULA validou o programa nunha experiencia piloto con 36 enfermos con insuficiencia cardiaca grave.

Tres mil pacientes crónicos de toda Galicia serán seguidos dende os seus domicilios a través da plataforma Telea. Trátase dunha aplicación que permite incluir as medicións realizadas na casa na historia clínica, para que os profesionais que os tratan poidan tomar decisións, antes de que se desestabilicen e requiran un ingreso hospitalario. O obxetivo é cubrir o 5% da poboación que consume o 70% dos recursos.

Os primeiros resultados de 36 pacientes con insuficiencia cardíaca grave, cuxo manexo levaron dende os seus propios domicilios, foron dados a coñecer polo xefe deste servizo.No seguimento dos enfermos durante varios meses, soamente unha cuarta parte necesitaron ingreso hospitalario, o resto manexárono dende a casa perfectamente.

Nos seis meses previos a súa introdución no programa, a media de ingresos dos 36 pacientes era de 4,5. Durante o período de control reduciron as hospitalizacións nun 75%. Con este sistema tratan de adelantarse a estos episodios, o que permite non so mellorar a calidade de vida do afectado, se non que tamén reducir o gasto por estancia hospitalaria.

Os pacientes que se inclúan no programa  disporán nas súas casas dos aparatos que necesitan para o seu control. Os resultados das medicións volcaranse nun concentrador, que os trasmitirá vía wiffi a historia clínica o que permite valoralos no momento real.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Os xenes pode determinar a hora da morte

Un test diagnostica en dous minutos a arritmia cardíaca máis frecuente

Unha técnica pioneira corrixe a desviación de columna actuando dende o tórax