Atopan os xens que elevan o risco da infección infantil máis frecuente
A infección máis fecuente entre os lactantes entre outubro e marzo é a producida polo virus respiratorio sincitial que produce tos, mocosidade, dificultades respiratorias e é a segunda causa de morte infantil no mundo. Pero este virus non afecta a todos por igual e iso é o que estudou un equipo galego atopando a resposta na análise completa dun grupo de pacientes. O que fixeron foi secuenciar todo o exoma, a parte do ADN que codifica proteínas,dos participantes.Comparáronse os datos co doutros xenomas dun grupo de control. Os investigadores identificaron catro xenes que predispoñen a sufrir a infección dunha forma máis severa.O estudo publicouse na revista científica Nature Scientific Reports.Os xenes que se identificaron poden converterse en dianas biolóxicas cara as que dirixir fármacos específicos.