Atopan os xens que elevan o risco da infección infantil máis frecuente
A infección máis fecuente entre os lactantes entre outubro e marzo é a
producida polo virus respiratorio sincitial que produce tos, mocosidade,
dificultades respiratorias e é a segunda causa de morte infantil no mundo. Pero
este virus non afecta a todos por igual e iso é o que estudou un equipo galego atopando
a resposta na análise completa dun grupo de pacientes. O que fixeron foi
secuenciar todo o exoma, a parte do ADN que codifica proteínas,dos
participantes.Comparáronse os datos co doutros xenomas dun grupo de control. Os
investigadores identificaron catro xenes que predispoñen a sufrir a infección dunha
forma máis severa.O estudo publicouse na revista científica Nature Scientific
Reports.Os xenes que se identificaron poden converterse en dianas biolóxicas
cara as que dirixir fármacos específicos.
Comentarios
Publicar un comentario