Aterosclerose: a enfermidade silenciosa
Aterosclerose: a enfermidade silenciosa
A aterosclerose é unha enfermidade silenciosa na que as arterias se bloquean producíndose infartos ou ictus. Pode empezar en persoas
novas, de 30 anos, aparentemente sás, que non saben que teñen esa enfermidade.
Detectala a tempo e levar un estilo de vida saudable pode ser de moitísima
axuda. Pois ben, unha metodoloxía desenvolvida por Valentín Fuster( Centro
Nacional de Investigacións Cardiovasculares Carlos III) permite detectala sen
analizar o colesterol en sangue. O sistema que predi a presencia e extensión da
enfermidade baséase en cinco indicadores: presión arterial, actividade física
(75 minutos de exercicio intenso á semana ou máis de 150 moderado), índice de
masa corporal ( o ideal son 20), dieta ( 4 ou 5 pezas de froita, verduras ou
peixe ao día, incrementándose o risco se faltan) e tabaco ( mellor non fumar). Está claro que
ninguén está libre desta enfermidade pero cun diagnóstico precoz as
posiblidades de superala serán maiores.
Comentarios
Publicar un comentario