Tres mil pacientes crónicos serán controlados na casa por teleasistencia
Tres mil pacientes crónicos serán controlados na casa por teleasistencia O HULA validou o programa nunha experiencia piloto con 36 enfermos con insuficiencia cardiaca grave. Tres mil pacientes crónicos de toda Galicia serán seguidos dende os seus domicilios a través da plataforma Telea. Trátase dunha aplicación que permite incluir as medicións realizadas na casa na historia clínica, para que os profesionais que os tratan poidan tomar decisións, antes de que se desestabilicen e requiran un ingreso hospitalario. O obxetivo é cubrir o 5% da poboación que consume o 70% dos recursos. Os primeiros resultados de 36 pacientes con insuficiencia cardíaca grave, cuxo manexo levaron dende os seus propios domicilios, foron dados a coñecer polo xefe deste servizo.No seguimento dos enfermos durante varios meses, soamente unha cuarta parte necesitaron ingreso hospitalario, o resto manexárono dende a casa perfectamente. Nos seis meses previos a súa introdución no programa, a media de ingresos d...