Una nova análise de sangue permitirá a detección temperá de oito tipos de cancro



O cancro é unha das enfermidades que máis mortes produce no mundo polo que a noticia de que cunha simple análise de sangue se poidan detectar ata oito tipos de cancro é esperanzadora. Ademais estamos a falar de cancros tan comúns como o de ovario, fígado, estómago, páncreas , esfago, colorrectal, pulmón e mama.  Permite detectalos antes de que se produza metástase e dun xeito non invasivo. Ademais o seu custo é relativamente “baixo” (408 euros) se o comparamos cos gastos que xeneran as probas  de revisión que hai hoxe en día como a colonoscopia no  cancro de colón. Se a isto sumamos o feito de que a probabilidade de que haxa un resultado falso positivo é moi baixa a nova é de enorme importancia. Trátase dunha simple análise na que se combina ADN e proteínas e que debemos a un equipo internacional de investigadores da Escola de Medicina da Universidade Johns Hopkins de Baltimare. O paso seguinte será detectar o cancro aínda antes de que a enfermidade sexa sintomática.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Os xenes pode determinar a hora da morte

Un test diagnostica en dous minutos a arritmia cardíaca máis frecuente

Unha técnica pioneira corrixe a desviación de columna actuando dende o tórax