A tatuaxe saudable
Un equipo chino acaba de crear unha tatuaxe electrónica que é capaz de medir o ritmo cardíaco e a temperatura da pel sen interferir na transpiración nin moverse cos movementos do corpo. Isto parecía ata o de agora moi dificil porque o sensor ten que ser o suficentemente fino e non afectar á transpiración, cousa que non se daba conseguido. Isto logrouse agora cun sensor extremadamente delgado que se pode pegar directamente sobre a pel e que mide o ritmo cardiaco e a temperatura da mesma. Este sensor ademais non resulta moi custoso nin o seu proceso moi longo.
Comentarios
Publicar un comentario