Os xenes pode determinar a hora da morte
Un equipo internacional de científicos do Centro de Regulación Xenómica de Barcelona afirma que cando unha persoa morre, moitos dos seus xenes cambian de expresión e fano de maneira diferente para cada tecido. Por iso, din que estas variacións poderían empregarse na análise forense para averiguar o momento exacto en que morre unha persoa. Os científicos desenvolveron un modelo para a predicción do intervalo post mortem baseado en ditos cambios na expresión de cada tecido mediante técnicas de secuenciación de última xeración. Estudaron o efecto de diferentes variables nunha análise biolóxica pero pensan que pode ser útil no ámbito forense xunto a un protocolo.